Sobre nós
Conecta Galicia é unha asociación sen ánimo de lucro fundada en 2024 co obxectivo de conectar a mocidade gallega con Europa, promover o voluntariado e implicar á mocidade como axentes de cambio para a transformación social da Comunidade Autónoma. Traballamos especialmente para facilitar a inclusión social da mocidade con menos oportunidades, incluídas aquelas con dificultades de aprendizaxe ou relacionadas con problemas de aprendizaxe, discapacidade, barreiras socioeconómicas, culturais ou xeográficas.
Como membros da Plataforma do Pacto Rural Europeo, o noso traballo céntrase principalmente nas zonas rurais, co obxectivo de frear o despoboamento xuvenil e contribuír ao desenvolvemento rural sostible.
Ademais, en Conecta Galicia fortalecemos os lazos entre Galicia e o mundo lusófono, especialmente co Norte de Portugal, dentro da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.
Esta cooperación interrexional busca abordar os desafíos comúns aos que se enfrontan os mozos de ambos os dous lados da fronteira, a través de iniciativas compartidas nos ámbitos educativo, cultural e social.
¿Que facemos?
- Damos charlas informativas sobre as oportunidades que a UE ofrece á mocidade gallega.
- Ofrecemos oportunidades de mobilidade internacional para a aprendizaxe, a formación e o voluntariado.
- Organizamos actividades de voluntariado ambiental e de conservación do patrimonio natural da Comunidade Autónoma de Galicia.
- Estamos a lanzar programas de mentoría para apoiar proxectos de emprendemento social e formación para mellorar a empregabilidade dos mozos.
- Desenvolvemos iniciativas para promover e poñer en valor o patrimonio cultural de Galicia, con especial atención ao Camiño de Santiago e ao fenómeno xacobeo, como Primeira Itineraria Cultural do Consello de Europa.
- Ofrecemos asesoramento técnico baixo demanda para axudar a outras entidades gallegas a obter financiamento europeo (nas fases de solicitude, xestión e xustificación) e servizos de consultoría para converter ideas en proxectos de éxito.