PROXECTOS
Foro Xuvenil Galicia-Norte de Portugal
O “Foro da Xuventude Galicia-Norte de Portugal”, financiado polo programa Erasmus+, terá lugar na Eurocidade de Chaves-Verín no primeiro semestre de 2026 (data por confirmar).
Contará cunha serie de actividades (obradoiros, debates, etc.) para promover a participación xuvenil, servindo como punto de encontro entre a mocidade e os responsables políticos a nivel local, rexional e transnacional en Galicia e na Rexión Norte (Portugal), permitíndolles compartir as súas preocupacións sobre as políticas que lles afectan no contexto da Eurorrexión.
Obxectivos específicos
- Promover o empoderamento da mocidade fomentando a súa participación na vida social da Eurorrexión, achegándoos aos responsables da toma de decisións políticas que lles afectan.
- Crear sinerxías entre institucións públicas e entidades privadas para colaborar en iniciativas que promovan o asociacionismo, a difusión dos valores europeos e o voluntariado na Eurorrexión.
- Establecer unha plataforma de diálogo e difusión para informar á mocidade sobre as oportunidades de mobilidade e intercambio entre Galicia e o norte de Portugal, e co resto da Unión Europea