MOBILIDADE VOLUNTARIADO INCLUSIÓN RURAL EMPRENDEMENTO
Conectar a mocidade gallega con Europa, promover o voluntariado e implicar á mocidade como axentes de cambio para a transformación social de Galicia.
Sobre nós
Conecta Galicia é unha asociación sen ánimo de lucro fundada en 2024 co obxectivo de conectar a mocidade gallega con Europa, promover o voluntariado e implicar á xente nova como axentes de cambio para a transformación social da Comunidade Autónoma.
Traballamos especialmente para facilitar a inclusión social dos mozos con menos oportunidades.
O noso traballo céntrase no rural, para frear o despoboamento e contribuír ao desenvolvemento sostible.
Reforzamos os lazos entre Galicia e Portugal, especialmente co norte, dentro da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.
MOBILIDADE
VOLUNTARIADO
INCLUSIÓN
SOCIAL
EMPRENDEMENTO
Os nosos Proxectos
Conectando a mocidade rural con Europa | Foro da Mocidade de Galicia-Norte de Portugal
Conectando a mocidade rural con Europa
O proxecto “Conectando a mocidade rural con Europa” (edicións I e II), financiado polo programa Erasmus+, busca facilitar o acceso ás viaxes DiscoverEU (mediante o pase Interrail) a 20 mozos rurais en igualdade de condicións.
Foro Xuvenil
Galicia-Norte de Portugal
Financiado por Erasmus+, terá lugar na Eurocidade de Chaves-Verín en 2026 e contará cunha serie de actividades, servindo como punto de encontro entre a mocidade e os responsables políticos a nivel local, rexional e transnacional de Galicia e a Rexión Norte (Portugal).