ÚNETE
CONECTA GALICIA - ÚNETE
Conecta Galicia non é só unha asociación.
É un espazo de encontro e crecemento persoal para mellorar a empregabilidade dos mozos, descubrir novas oportunidades internacionais e xerar un impacto social no seu entorno.
Gustaríache liderar proxectos, participar en campañas e vivir experiencias internacionais, contribuíndo á transformación da sociedade?
Entón esta é a asociación para ti!
Que che ofrecemos?
- Participar en proxectos europeos, actividades de voluntariado e foros de debate internacionais.
- Coñecer de primeira man as oportunidades que ofrece a Unión Europea en materia de formación, aprendizaxe e voluntariado.
- Desenvolve as túas habilidades persoais e mellora a túa empregabilidade a través de obradoiros, formación e programas de mentoría.
- Formar parte de iniciativas para a conservación do medio ambiente e a posta en valor do patrimonio natural e cultural de Galicia, especialmente do Camiño de Santiago.
¿Cómo colaborar?
- Como voluntario/a nos nosos proxectos locais e internacionais.
- Ou simplemente participando nas nosas actividades e iniciativas.